Máis de 300 persoas participan no programa de actividades físicas para maiores
Dende o pasado mes de outubro máis de trescentas persoas participan no curso do programa de actividades físicas para maiores que promove a concellería de Benestar Social e que irá incrementándose ata chegar ós 500 beneficiarios. Trátase dun programa pioneiro na Comunidade Autónoma e é o que máis persoas moviliza en toda Galicia.
O programa desenvólvese dende hai 12 anos e está estructurado en dúas actividades. Por unha banda, impartense clases de educación física colectivas e por outra actividades físicas no medio acuático.
A actividades está dirixida a persoas maiores de 60 anos , sen límite de idade, que estean empadroadas en Vigo , que lles apetezca realizar actividades físicas controladas e sobre todo, que teñan ganas de pasalo ben. As clases levanse a cabo nos pavillóns polideportivos de As Travesas e Teis, e nas piscinas de Lavadores, Teis e As Travesas.
O obxectivo principal do programa é retardar o deterioro funcional e incrementar a independencia na vida diaria que repercute na mellora dos ámbitos da conducta humana, social, afectiva, cognitiva e motor.
Descargar todas as imaxes