Aprobados os proxectos de humanización e reparación de beirarrúas en Travesía de Vigo e Alfonso X o Sabio
A Xunta de Goberno aprobou os proxectos técnicos para a remodelación e mellora destas dúas rúas, así como a reparación de beirarrúas en distintas zonas da cidade.
Fóra da orde do día, a Xunta de Goberno Local aprobou o prego de prescricións técnicas para a contratación das obras de remodelación de beirarrúas e mellora da Travesía de Vigo autorizando un gasto máximo de 790.829 euros, abrindo o procedemento de licitación pública.
A Xunta deu a aprobación técnica aos proxectos de humanización da rúa Alfonso X El Sabio e de reparación de beirarrúas en distintas zonas da cidade. Concretamente estas zonas son as rúas Orillamar, Tomás Alonso, avda. Atlántida, avda. Castelao, Castrelos, Florida, Sanjurjo Badía, plaza de España, Camelias, Coruña, plaza de América, Tranviarios e Manolo Martínez. O orzamento base de licitación é de 211.046 euros e o prazo de execución de catro meses.
Pola súa parte o proxecto de humanización da rúa Alfonso X o Sabio conta cun orzamento base de 90.000 euros e ten como obxecto valorar as obras necesarias para a súa adecentación de acordo co Plan de Reordenación do Entorno.