"Bouzas, memoria y recuerdo", a historia dun pobo irmandado con Vigo
Coa presentación deste libro de Bernardo Vázquez Gil péchase o centenario da anexión de Bouzas a Vigo.
A alcaldesa Corina Porro asistiu hoxe á presentación do libro "Bouzas, memoria y recuerdo", escrito por Bernardo Vázquez Gil, que pecha os actos do centenario da anexión de Bouzas a Vigo e tivo lugar no Pazo-museo Quiñones de León.
A alcaldesa, no seu discurso de presentación, deixou claro que "non se trata hoxe de rematar un ano de celebración, senón de presentar unha publicación que foi, durante anos, unha idea acariciada polo seu autor e polos veciños da vila de Bouzas", dixo.
Sobre "Bouzas, memoria y recuerdo", Corina Porro dixo que se trata dun libro que nos permite viaxar a través do tempo e nos obriga a non esquecer quen somos, a recuperar parte da nosa memoria porque, como di o autor, "se ama máis fondamente o que se coñece".
Xuíces, alcaldes, ordenanzas, privilexios reais e pleitos con Vigo. Cómo vivían os boucenses hai cincocentos anos, cómo eran as súas praias e a qué cultivos dedicaban as súas terras, cómo vivían a súa fonda fe no Cristo dos Aflixidos son só algúns dos contidos desta obra que a alcaldesa dixo sentir como propia, así como do resto dos vigueses, dados os orixes comúns de "dous pobos que xa son un", e recordou o porto pesqueiro, as fábricas de salazón, a construcción de barcos...
A alcaldesa dixo que é un pracer para o Concello de Vigo participar na edición desta publicación e agradeceu igualmente o apoio da Deputación Provincial de Pontevedra e máis do Xacobeo. Por último recoñeceu o magnífico traballo do autor e o seu esforzo por recuperar para todos unha parte moi importante da historia: a memoria e o recordo de Bouzas.