Escoitar

FranquiAtlántico e o Salón do Emprendedor, dúas citas complementarias para os futuros empresarios

O Instituto Feiral de Vigo acolle ambos certames que se desenrolarán entre os días 21 e 23 de xaneiro coa presencia de importantes empresas e entidades.

martes, 18 xan 2005
1106058420franqui.jpg
A concelleira Lucía Molares asistiu hoxe á presentación da VI edición de FranquiAtlántico a maior feira da franquicia no norte de España que se celebra entre os días 21 e 23 de xaneiro xunto coa IV Edición do Salón do Emprendedor do Atlántico, no Instituto Feiral de Vigo.

Como evento feiral, a mostra organizada por Producciones Gálata consolida a Galicia, Asturias, Castilla León e o norte de Portugal nun mercado de grande atractivo, tanto para as firmas que participan no salón como para os potenciais clientes e emprendedores.

A comunidade galega experimentou un espectacular crecemento que se sitúa en torno ao 15% anual en canto a número de establecementos implantados destas características, ocupando o quinto lugar no ranking nacional cun total de 2.719 franquicias que xeneran case 12.000 postos de traballo. Só Madrid (11.904), Cataluña (11.714), a Comunidade Valenciana (5.263) e Andalucía (6.981) están por diante.

Paralelamente a FranquiAtlántico celébrase o Salón do Emprendedor, certame que ten como obxectivo ofrecer un espacio aberto no que se articula toda a rede emprendedora de administracións públicas, entidades privadas, asociacións e colectivos profesionais e coa intención de impulsar a creación dun novo tecido empresarial dando a coñecer todas as axudas e oportunidades que estas entidades ofrecen na actualidade.

Durante o desenrolo do certame incentivarase a creatividade empresarial a través da convocatoria do III Premio á Iniciativa Empresarial, concurso que premiará aos novos emprendedores en tres modalidades. O salón do Emprendedor terá ademais un completo programa de ponencias, debates e mesas redondas que abordarán temas de actualidade e que contará coa participación de diferentes organismos públicos, universidades, asociacións, etc.
Descargar todas as imaxes