Escoitar

As pedras retiradas o sábado na praia do Cocho non sufriron danos

As pedras retiradas na praia do Cocho o sábado por unha brigada do Parque Móbil Municipal e cuxo valor arqueolóxico está por determinar, non sufriron ningún tipo de danos, segundo informou o responsable do Parque Central.

luns, 17 xan 2005
Unha brigada do Parque Municipal retirou unhas pedras da praia do Cocho o sábado pasado cando realizaba a súa misión, que consiste en despexar de obxectos estraños e agresivos ao medio ambiente as praias de Vigo e o río Lagares. Avisada do posible valor arqueolóxico das pedras, a brigada detivo os traballos de extracción destas.

Segundo informou o responsable do Parque Central, as pedras foron ben gardadas e non sufriron dano ningún. O achado das pedras comunicóuselle á oficina de Patrimonio Histórico para que tome decisións ao respecto xunto coa oficina de Medio Ambiente.