Carlos Riera gaña o Concurso de Carteis do Entroido
Carlos Riera Portela gañou o Concurso de Carteis do Entroido de 2005 cun traballo titulado "Imaxinación". O Concello utilizará este cartel para ilustrar os carteis e programas cos que promoverá o carnaval.
O xurado do XIX Concurso de Carteis do Entroido do Concello de Vigo, presidido polo concelleiro Ignacio López-Chaves, outorgoulle o primeiro premio, cunha dotación de 2.400 euros, a Carlos Riera Portela (teléfono 986481851, móbil 667065247), polo cartel presentado baixo o lema "Imaxinación". Rubén Suárez Sousa, con "El espíritu de la comparsa", Roberto Argüelles Menaz, por "Bico", e Marcos Prieto Alonso, con "Outro ano máis", recibiron senllos accésits de 300 euros. Vintenove traballos concorreron a este concurso.
O cartel gañador utilizarase na difusión do programa do "Entroido 2005", que organiza a Concellería de Festas e Animación Sociocultural en colaboración coa Federación Veciñal "Eduardo Chao", a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e a Federación de Peñas Recreativas "El Olivo". O Concello utilizará 1.500 carteis e 20.000 programas para anunciar e promover o entroido, que se celebrará do 4 ao 9 de febreiro.
Descargar todas as imaxes