Escoitar

A alcaldesa recibiu a un grupo de escolares do Colexio Compañía de María

A invitación respondeu a un agasallo dos alumnos, que lle mandaron uns retratos debuxados por eles mesmos con motivo da visita da alcaldesa ao colexio na inauguración do curso escolar.

venres, 12 nov 2004
1100268565corina.jpg
Corina Porro recibiu na alcaldía a un grupo de escolares de 3º de Educación Infantil do Colexio Compañía de María. Os rapaces regaláronlle á alcaldesa unha foto firmada cun marco realizado por eles mesmos, mentres que o Concello obsequioulles cunha mochila cargada de regalos e lambetadas.

A historia comezou en setembro, cando a alcaldesa acudiu ao colexio para a presentación do curso escolar. Os rapaces debuxaronlle un retrato cada un e mandáronllo. A orixinalidade de todos eles impulsou á alcaldesa a recibilos nesta data.
1100268565corina.jpg
1100268581dibujos.jpg
Descargar todas as imaxes