Escoitar

Xunta de Goberno Local

Convócase á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 15 de novembro de 2004, ás 8,00 h. en 1ª convocatoria e ás 9,00 h. en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

venres, 12 nov 2004
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 15 DE NOVEMBRO DE 2004.


1.- Acta da sesión ordinaria do 25 de outubro de 2004.


ASESORÍA XURÍDICA
2.- Sentenza do X. Contencioso-Admtvo. nº 1 de Vigo no r.c.a nº 121/04 interposto por D. ALBERTO EIRO LAGO contra desestimación presunta de reclamación de responsabilidade patrimonial (expediente nº 16391/240-03). Desestimado.

3.- Sentenza do X. Contencioso-Admtvo. nº 1 de Pontevedra no r.c.a nº 181/2004 interposto por D. MIGUEL ÁNGEL CASAS COUSO contra sanción de tráfico (expediente nº 1030803494). Desestimado.

4.- Sentenza do TSXG no r.c.a nº 03/7901/99 e 03/7930/99 (acumulados) interposto por AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO contra acordos do Pleno 28.12.99 sobre imposición de taxas de servizo de augas e C. de Gob. 06.08.99 desestimación de reposición. Desestimado.

5.- Sentenza do TSXG no r.c.a nº 02/4937/00 interposto por FOMENTO DE CONSTRUCCONES Y CONTRATAS, S.A. contra acordo plenario de 26.06.00 desestimatorio de reposición contra o do 27.03.00 sobre revisión de prezo do contrato de recollida e transporte de RSU para 1999. Estimado parcialmente.


BENESTAR SOCIAL
6.- Prestación do Servicio de axuda no fogar. Altas exptes: 11/29057/04, 41/30.853, 41/000000/04, 02/000995, 02/953, 12/8364, 22/175, 12/18.970, 22/463, 12/2005.

7.- Proxecto de convenio marco de colaboración entre o Concello de Vigo e a Fundación para a investigación, desenvolvemento e innovación do complexo hospitalario universitario Xeral-Cies de Vigo (Fichuvi) para desenvolvemento de programas cara á promoción da saúde. Expte. 11008/301.

8.- Proxecto de convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e o Concello de Vigo para a creación dun proxecto de persoas maiores e voluntariado. Expte. 11098/301/2004

9.- Certificación de obras de acondicionamento da vivenda sita no cño. Dos Novelos nº 3 realizadas conc argo a subvencións para infravivenda rural. Expte. 11101/301/2004.

10.- Rectificación do acordo da X.Goberno do 25.10.04 que aproba as bases de selección de persoal para oficina de información e atención a inmigrantes e emigrantes retornados. Expte. 11104/301/2004.

11.- Proxecto de convenio entre a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e o Concello de Vigo para a mellora dos equipamentos sociais de base municipal. Expte. 11092/301/2004.

12.- Proposta para rehabilitación completa do edificio Atalaia para Centro de Día de persoas maiores.Expte. 11105/301/2004.
DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO
13.- Promoción polo Concello de Vigo do proxecto empresarial "Promundos, Sociedad Cooperativa Galega" ante a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relación Laborais. Expte. 2786/77.

14.- Dar conta da incorporación de novas beneficiarias do Proxecto Alicerce no intinerario de creación de empresas. Expte. 2762/77.

15.- Proposta de concesión e denegación de axudas municipais á contratación do ano 2004 no marco do Plan municipal de Emprego 2004-2007. Expte. 2760/77.


FESTAS E ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
16.- Dar conta dos expedientes de gasto menor correspondentes o mes de outubro de 2004, tramitados polo servizo de Festas e Animación Sociocultural. Expte. 1244/335

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
17.- Outorasmento de subvencións para actividades de participación cidadá e de mellora organizativa das entidades para o ano 2004. Expte. 2314/320.


PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
18.- Prórroga do contrato do servizo de asesoramento e mediación de seguros privados adxudicado á Correduría de Seguros Aón Gil y Carvajal. Expte. 15474/240

19.- Revisión de prezos do contrato de limpeza de colexios e escolas públicos do Concello de Vigo adxudicado a Limpezas del Noroeste S.A. Expte. 4378/332

20.- Revisión de prezos de contrato de retirada de vehículos da vía pública adxudicado a Estacionamientos y Servicios. Expte. 17116/240

21.- Proposta para a interposición recurso contra revogación de axuda concedida pola Consellería de Economía e Facenda con motivo dos danos por temporais dos danos 2000 e 2001. Expte.17014/240.

22.- Modificación do acordo da Xunta de Goberno sobre modificación do contrato da concesión do servizo de transporte urbano colectivo de viaxeiros en autobús de uso xeral, co obxecto da prestación do servizo de bus turístico. Expte. 1421/104.

23.- Devolucións de fianzas:
a) Construccións Crespo, S.A. Expte. 313/241.
b) Náutica de Galicia S.A. (Nagasa). Expte. 16690/240.
c) Ekipo, S.C.G Expte. 345/241.

24.- Declarar deserta a contratación da esistencia técnica para a redacción do proxecto básico e de execución para a construcción dunha escola infantil na rúa Palencia. Expte. 6234/334.

25.- Declarar deserta a contratación da asistencia técnica para a redacción do proxecto básico e de execución para a redacción de proxectos para a captación de fondos europeos. Expte. 42214/250.


PERSOAL.
26.- Proposta contratación tres subalternos/as polo período de dous meses. Expte. 15351/220.

27.- Indemnización substitutiva a favor da Policía Local por importe de 69.162,07 € correspondente ás xornadas de disponibilidade horaria do mes de agosto de 2004. Expte. 15324/220.

28.- Solicitude de aboamento de productividade do funcionario D. Eugenio Cobas Rei. Expte. 15325/220.

29.- Recurso de reposición de Da. María Teresa Pallarés Crespo interposto contra acordo desestimatorio de reclamación de danos sobre responsablidade patrimonial. Proposta desestimatoria. Expte. 15024/220


SECRETARÍA XERAL
30.- Indemnización substitutiva por asistencia técnica por importe de 13.920 euros. Expte. 1190/110.

TESOURERÍA.
31.- Dar conta da anulación de providencia de constrinximento sobre liquidación por acometida de saneamento. Expte. 2363/700

TURISMO.
32.- Subvención á Asociación de Comerciantes Zona Centro para o alumeado de Nadal-2004. Expte. 1525/104

URBANISMO.
33.- Aprociación inicial da modificación puntual nº 4 do Plan Especial de Equipamento Docente e Infraestrutura Viaria do Campus Universitario de Vigo. Expte. 8859/411/2004.

34.- Acta de recepción das obras de construcción do aparcamento subterráneo da rúa Urzáiz.



VÍAS E OBRAS.
35.- Devolución de fianzas:
a) Á comunidade de propietarios de Avda. Castrelos, 150-152.Expte. 20467/511.
b) A Promociones Endema S.C. Expte. 42752/250.
c) A Tabubesa S.L. Expte. 42752/250.


36.- Rogos e preguntas.