Escoitar

Texto da declaración que se lerá na manifestación

Aínda arrepiados polo horror e a brutalidade os vigueses e as viguesas botámonos hoxe á rúa para dicir NON.

venres, 12 mar 2004
Non á violencia. Non a quen quere someter a nosa vontade. Non á atrocidade e ó crime.

Pero tamén queremos dicir SI.

Sí á convivencia. Sí á pluralidade. Sí á liberdade. Sí ó Estado de Dereito.

Quen nos desafía, quen nos ataca, quen nos asasina nos reafirma, máis se cabe, nos principios constitucionais que entre todos temos construido.

A nosa mirada non é indiferente. Está chea de indignación e rabia pero tamén de firmeza e determinación. Expresamos así o noso rexeitamento sen paliativos ós terroristas, condenamos os atentados e manifestamos o noso compromiso coa liberdade e a democracia.

Os nosos corazóns están xunto ás víctimas e as súas familias. Hoxe, os vigueses sentímonos concidadáns madrileños. Unímonos á dor de tódolos españois. Somos os traballadores, os estudiantes, os inmigrantes, os homes e as mulleres que onte ó mencer viaxaban naqueles vagóns.

Ninguén porá prezo á nosa liberdade.
COAS VÍCTIMAS, COA CONSTITUCIÓN, POLA DERROTA DO TERRORISMO