Escoitar

Vigo prorroga a xestión do servicio de abastecemento e saneamento da auga sen subir o recibo

Abel Caballero anunciou este luns a aprobación da terceira prórroga, entre 2026 e 2030, da concesión da xestión integral do servizo municipal de abastecemento e saneamento da auga de Vigo que conleva un investimento de máis de 41,7 millóns de euros sen incrementar o prezo do recibo.

luns, 29 dec 2025

O alcalde apuntou que a prórroga da concesión do servizo de abastecemento e saneamento da auga, que entra en vigor o 1 de xaneiro, conleva a mellora das infraestruturas e manter en termos reais a tarifa actual que desembolsa a cidadanía viguesa.

O rexedor apuntou que dos 41,7 millóns de investimentos, a abastecemento destínanse 19,9 millóns de euros: 10 millóns na renovación das redes de distribución, 3 millóns na renovación da ETAP de Valladares; 500.000 euros en obras na presa de Zamáns; 350.000 euros na adecuación dos manantiais de Bembrive , Quintián e Beade; 900.000 euros na renovación de impulsións e instalacións de bombeo de auga potable; 950.000 para mellorar a rede de distribución; 2 millóns para o mallado da rede; 500.000 euros para a represa da Pasaxe; 500.000 euros para ampliar a capacidade dos depósitos de almacenamento; outros 500.000 euros para o plan para mimimizar as perdas da rede de abastecemento e 200.000 euros en ampliar a rede de Bembrive.

As obras de saneamento supoñen un investimento de 16,1 millóns de euros: 8 millóns para renovar a rede; 1 millón para os dispositivos de cuantificación dos alivios e mellora do telecontrol; 500.000 euros para a renovación do bombeo; 3 millóns na primeira fase do colector de marxe do Lagares e 4,6 millóns para a adaptación dos tanques de tormenta.

A prórroga inclúe actuacións prioritarias por 6,3 millóns de euros: 1 millón de euros para mellorar o saneamento na rúa Santa Tegra; 1,4 millóns de euros para mellorar a capacidade na canle de Eiras para o abastecemento en alta aos lugares de Didabelle e Riofrío; 1,5 millóns para mellorar a rede de saneamento e abastecemento en Coia; 134.000 euros para rehabilitar o colector de Ramón Nieto; 50.000 euros para o saneamento de Fontiñas de Abaixo, en Cabral; 560.000 euros para adecuar o centro de interpretación ambiental da Edar do Lagares; 450.000 euros para renovar o abastecemento na rúa Gorxal; 260.000 euros na renovación da rede da rúa Ramón María Aller; 645.000 euros para obras en rúa Ceboleira e a súa contorna; 200.000 euros en mellorar o saneamento de rúa Mandín e 100.000 euros en mellorar saneamento de rúa Radio Faro.

Caballero lembrou que Vigo conta cunha das mellores augas de España, como constata a OCU, ademais de dispoñer dunha das tarifas máis baixas. “En Vigo temos unha das mellores auga de España xunto a Burgos, As Palmas e San Sebastián”

 

Descargar todas as imaxes