Escoitar

Caballero reafirma o seu compromiso coa práctica do ciclismo ante a quinta edición da Copa Vigo, o 18 de maio

Abel Caballero trasladou este mércores o compromiso do goberno municipal de Vigo para seguir potenciando a práctica do ciclismo na presentación da quinta edición da Copa Vigo, que o vindeiro domingo 18 de maio pecha a Copa de España de ciclismo Elite e Sub-23.

mércores, 7 mai 2025

O alcalde lembrou hoxe, ante os organizadores da Copa Vigo de Ciclismo de Elite, o seu interese pola promoción na cidade tanto do deporte de elite como do de base. “Impórtanme os miles de nenas e nenos de Vigo que fan deporte, e que a práctica do deporte forma parte do seu estilo de vida”.

Caballero, tras cualificar de “gran proba” a Copa de Vigo de Ciclismo, destacou a “enorme dureza” e a “beleza paisaxística” do circuíto elixido.

O rexedor incidiu en que a proba ciclista de alto nivel, que este ano alcanza a quinta edición, “xa está implantada” en Vigo, á vez que animou á cidadanía para “gozar deste deporte”.

Circuito

José Luis Chamorro, presidente do Club Ciclista Rías Baixas, explicou que a Copa de Vigo, que arrinca na Praza do Rey, discurre por Baiona, Oia, Tomiño, Gondomar, Nigrán, Tui, Porriño, Ponteareas, Mondariz, Mondariz balneario, Pazos de Borbén e Redondela, para finalizar no monte de Ou Castro.

“A carreira, que é a última e a mellor da Copa de España, podía ser unha proba do Tour de Francia”, asegurou Chamorro.

A proba, que conta cun percorrido de 190 quilómetros, discorre por oito portos, e esixe aos ciclistas ascender por un desnivel de 4.000 metros, “conta cunha importancia enorme”, destacou Chamorro ao destacar tanto o impacto económico en Vigo con máis de 2.000 prazas hostaleiras, como en promoción turística pola emisión da proba por streaming e polas distintas cadeas de televisión especializadas en deportes.

Chamorro trasladou o agradecemento do ciclismo de Vigo ao alcalde por apostar pola proba que este ano celebra a súa quinta edición na cidade e por despregar os medios necesarios para a súa celebración.

 

 

 

Descargar todas as imaxes