Escoitar

O Auditorio Municipal será o escenario de “Síbaris”, a obra teatral de Domingo Villar

O alcalde anunciou que Vigo será o peche da xira galega. A peza teatral de Domingo Villar, escritor falecido en 2022 e Vigués Distinguido, chega á cidade o 8 de xuño.

mércores, 24 abr 2024

O Auditorio Municipal será o escenario da peza teatral de Domingo Villar, “Síbaris”, que chegará a Vigo o sábado 8 de xuño, no peche de xira da compañía.

A adaptación da obra corre ao cargo da compañía Condetrespés e no reparto figuran os artistas Carlos Blanco, Belén Constela e o músico Pablo Novoa. En xuño actuarán nos Teatros do Canal de Madrid.

Domingo Villar foi un escritor, natal de Vigo, e Vigués Distinguido. As entradas aínda non está á venda pero estarán dispoñibles por 8 euros na web www.giglon.com.

Descargar todas as imaxes