Concello e Goberno de España colaborarán na construción de vivenda de alugueiro taxado
O alcalde mantivo unha xuntanza co secretario de Estado de Vivenda, David Lucas, na que propuxo ao Goberno de España colaborar na construción de vivenda de alugueiro taxado para a xuventude.
O alcalde mantivo unha xuntanza co secretario de Estado de Vivenda, David Lucas, na que propuxo ao Goberno de España colaborar na construción de vivenda de alugueiro taxado para a xuventude, unha cuestión para a que o mandatario do Executivo foi receptivo.
O Goberno local traballará no mapa para acreditar os espazos onde construír estas vivendas. “O obxectivo é que á mocidade poida acceder a unha vivenda de alugueiro a prezos razoables”, dixo o alcalde ao término da reunión.
Caballero tamén puxo de manifesto o seu recoñecemento á labor do Ministerio de Vivenda, co financiamento das zonas de rehabilitación e os fondos recibidos para a rehabilitación de barrios na cidade.