Escoitar

O goberno local adxudica a redacción do proxecto do túnel entre Elduayen e Torrecedeira

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación deste contrato que permitirá prolongar o túnel da rúa Elduayen ata a rúa Torrecedeira a través do Barrio do Cura por un importe de 288.000 euros.

venres, 19 abr 2024
Olivo do Paseo de Alfonso (foto de arquivo)
Olivo do Paseo de Alfonso (foto de arquivo)

Abel Caballero valorou o “éxito” da peonalización da rúa Elduayen onde, durante a celebración da festa da Reconquista se converteu nun lugar “ao que acudiu todo Vigo” e que xunto co novo espazo da Porta do Sol e o Paseo de Alfonso “constitúe un novo centro da cidade que é de toda a cidade”.

Coa adxudicación do contrato para redactar o proxecto de prolongación do túnel da rúa Elduayen ata Torrecedeira para conectar co novo vial do Barrio do Cura o goberno de Vigo continúa de “seguir peonalizando e mellorando a calidade de vida da zona”.

“Vigo cidade de cor”

A Xunta de Goberno Local deu luz verde tamén á aprobación da contratación de oito novos proxectos dentro do X Programa de Pintado de Murais e outros elementos verticais con incidencia na vía pública.

Os novos murais estarán no Paseo da Avenida de Castelao, no muro do campo federativo da rúa Nigrán, no Auditorio Municipal de Teis, en Travesía de Vigo 222, na rúa Robleda 118, no muro do aparcamento da Avenida de Matamá, na rúa Ourense con Romil e na pista deportiva da Salgueira. O Concello realizou xa 177 actuacións de arte na rúa, polo que Vigo “comeza a ser unha grandes cidades con murais en cantidade e en calidade”, sinalou o rexedor.

 

Descargar todas as imaxes