Escoitar
O Concell

O Concello amplía as prestacións do servizo de teleasistencia, gratuíto para os usuarios

O alcalde de Vigo anunciou este venres que o goberno municipal ha aprobado a adxudicación do contrato de teleasistencia domiciliaria que o Concello presta de forma gratuíta a máis de 700 persoas, así como a ampliación dos servizos que facilita aos usuarios.

venres, 19 abr 2024

Abel Caballero apuntou hoxe que entre as novidades do novo contrato de teleasistencia domiciliaria atópase a instalación de sistemas de detección de gas, de monóxido de carbono, de fume, de inundacións, así como de aperturas de portas. A isto engade a nova liña móbil para as persoas que só utilizan este teléfono. O servizo ofrece a instalación de fechaduras electrónicas de acceso remoto a persoas con mobilidade reducida, así como detectores de caídas para persoas que xa rexistraron varios accidentes.

O alcalde lembrou que tamén se inclúen apoios como as comidas especiais organizadas aos maiores de 80 anos, así como a cea de Noiteboa, ademais das estancias anuais de respiro familiar, o acompañamento ás xestións fóra de domicilio e a organización de visitas guiadas a eventos da cidade ou charlas informativas. Os usuarios tamén contan con servizo de psicoloxía, terapia ocupacional e técnicas de integración social.

“Sobre todo, apretan o botón e enseguida atendémoslles. Un sistema moderno completamente gratuíto de teleasistencia na cidade”, remarcou o rexedor.

Ludoteca de Lavadores

Abel Caballero explicou que o goberno aprobou tamén o convenio coa Asociación Veciñal Lavadores para financiar totalmente a ludoteca con 28.000 euros. Apuntou o traballo que se desenvolve para fomentar as actividades lúdicas e de desenvolvemento mental, psicomotor e afectivo das nenas e os nenos.

O Concello destinará 230.000 euros este años aos convenios coas ludotecas de Coia, Coruxo, de Lavadores e APAMP. “Todas as ludotecas de Vigo están financiadas na súa totalidade polo Concello e que ningunha ludoteca quedou, nin se vai a quedar parada. Todo funciona á satisfacción”, remarcou.

Descargar todas as imaxes