Escoitar

Exposición da " XXVI Maratón Fotográfica"

A Casa das Artes acolle a exposición da "XXVI Maratón Fotográfica" organizada pola Agrupación Fotográfica Galega, en colaboración co Concello de Vigo. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de febreiro.

martes, 5 dec 2023

Os pasados 30 de setembro e 1 de outubro, desenvolveuse na cidade este popular concurso no que as persoas participantes debían tomar fotos durante vinte e catro horas sobre os catro temas propostos pola organización: LAZOS, INTENSO, URBANO e DESGASTE. Un total de 93 afeccionadas e afeccionados participaron na maratón.

O xurado seleccionou vintesete series cuxas fotos exponse en gran formato na exposición e optan aos tres premios convocados e accésits. A orixinalidade e as series que máis transmitan, as que fagan pensar e consigan provocar sentimentos son as que serán premiadas en opinión do xurado. O resto de series tamén estarán presenten en formato contacto.

 

 

 

Gorka Gómez, concelleiro de Cultura, con participantes
Descargar todas as imaxes

Máis información