Urbanismo aprobará adicar 6,4 millóns á rehabilitación de vivenda
A Xerencia de Urbanismo aprobará o martes a firma do convenio para investir 6,4 millóns de euros de fondos europeos para a mellora da eficiencia enerxética en edificios en 14 barrios de Vigo.

Abel Caballero deu conta da orde do día que levará a próxima semana a Xerencia do Urbanismo. Entre os puntos inclúe a firma do convenio para o investimento de 6.400.000 de fondos europeos Next Generation EU provenientes do Goberno de España. Estes fondos están adicados para a rehabilitación e eficiencia enerxética en edificios.
“É un investimento para barrios enteiros da cidade”, explicou o alcalde, que detallou tamén as áreas: Casco Vello; Bouzas; Santa Clara; Beiramar; Espiñeiro-Teis; San Pablo; San Roque e Coia, zona na que ademais realizamos unha ampliación, que elevará de 1.200 a 6.000 as vivendas. Existen outras catro peticións como Fenosa, Salgueira, Gorxal e a contorna descontinua de Canicouva-Alcalde Lavadores-Escolas Públicas.
Caballero lembrou que a cidadanía tamén pode solicitar en materia de vivenda axudas para a instalación de ascensores en edificios ou outros sistemas de accesibilidade.



