Escoitar

O Camiño Freixeiro abrirá ao tráfico no mes de maio, unha vez reparado o muro

O alcalde anunciou esta mañá que xa está en marcha a reparación do muro do Camiño Freixeiro que estaba apuntalado por risco de derrubamento. Está previsto que o tráfico quede restablecido a partir do mes de maio.

mércores, 8 mar 2023

Onte martes comezaron os traballos de reparación do muro do Camiño Freixeiro apuntalado desde o ano 2019 por risco de derrubamento. Tal e como explicou o rexedor, a tramitación foi moi laboriosa porque foi preciso localizar aos propietarios das parcelas. Unha delas é dunha empresa privada e outra foi cedida ao Concello pero nunca fora incluída dentro do Inventario de Bens e Inmobles.

Tráfico

O alcalde tamén deu conta do restablecemento do tráfico normal na rúa Val Miñor en dirección a Fragoso. As obras de Marcador a bo ritmo e xa non invaden ese carril polo que queda aberto ao tráfico para todos os vehículos. Así mesmo, desaparece o dobre sentido en Olímpicos, polo que xa queda restablecido o tráfico con toda a normalidade.

Descargar todas as imaxes