Escoitar

Un total de 740 persoas atendidas polo servizo de teleasistencia no mes de febreiro

O servizo préstase maioritariamente a mulleres de idades comprendidas entre os 86 e os 90 anos que viven soas.

mércores, 8 mar 2023

O alcalde fixo balance esta mañá do servizo de teleasistencia que no mes de febreiro atendeu a 740 persoas. Esta prestación asiste maioritariamente a persoas de idades comprendidas entre os 86 e os 96 anos, principalmente mulleres (nun 89%), que nun 76% viven soas a pesar de ter familia, porque seguen valéndose por si mesmas.

Como sinalou o alcalde “en febreiro fixéronse 7.589 chamadas”. Segundo detallou, a teleasistencia municipal ten establecidos diversos protocolos de axenda para estar pendentes de situacións como ingresos ou traslados hospitalarios, recordatorios de tratamentos, seguimentos tras emerxencias, suspensións temporais, seguimentos especiais e incluso celebracións de aniversarios.

Este ano, o Concello adica un importe anual de 96.000 euros. Ademais, comparou Caballero, a prestación municipal é gratuíta e non hai lista de agarda, mentres que a da Xunta é de pago e ten lista de agarda.

 

Descargar todas as imaxes