O prazo para solicitar as becas municipais de “Vigo en inglés” rematará o 17 de marzo
Ata o próximo venres 17 de marzo estará aberto o prazo para solicitar a participación no programa “Vigo en inglés”. Ofértanse 925 prazas cun orzamento de 2,2 millóns.
O alcalde lembrou esta mañá que o prazo para solicitar as becas de inglés comezou onte luns e rematará o 17 de marzo. Nesta ocasión ofértanse 925 prazas, cun orzamento de 2,2 millóns, que incluirán unha estancia de tres semanas no Reino Unido ou Irlanda, convivindo con familias.
O primeiro dos requisitos para acceder a unha destas achegas é estar cursando 3º da ESO nun centro educativo do Concello sostido con fondos públicos. O aspirante, ademais de estar empadroado en Vigo, debe ter aprobadas todas as materias de 2º da ESO e ter un mínimo dun sete en inglés.
Tal e como detallou, cada praza inclúe gastos de viaxe de ida e volta, monitores trilingües, matrícula nun curso intensivo de mellora da lingua inglesa, actividades de ocio, culturais e deportivas, aloxamento en réxime de pensión completa os sete días da semana, así como gastos de transporte urbano.
Escola de Idiomas
Así mesmo, o próximo mes de abril abrirase o prazo de solicitudes para os alumnos da Escola Oficial de Idiomas para que o alumnado poida viaxar para mellorar as súas habilidades no idioma no que están estudando: Reino Unido e Irlanda, Francia, Alemania e Austria, Italia, Portugal, Japón e Taiwán. Serán 100 bolsas, cun orzamento de 175.000 euros.