Escoitar

O Concello eleva a 200.000 euros anuais o orzamento do programa de envellecemento activo

O programa municipal de envellecemento activo contará este ano cun orzamento de 200.000 euros o que lle permitirá ampliar oferta e actividades. O único requisito é ter máis de 65 años e estar emproado en Vigo. O prazo de inscrición abrirá nos próximos días.

luns, 6 mar 2023

A Xunta de Goberno validou a contratación do programa de envellecemento activo “Vigo, cidade amiga dos maiores” que este ano triplica o seu orzamento -ata os 200.000 euros – para ampliar ofertas e actividades. Tal e como detallou o rexedor, o obxectivo é traballar en varias liñas de actuación: actividades de estimulación cognitiva como risoterapia ou obradoiros de memoria; ocio saudable con actividades físicas; alfabetización dixital; actividades ao aire libre como 5.000 prazas de viaxes pola ría ou autobuses gratuítos para facer excursións fóra de Vigo con monitores especializados….

O único requisito para participar é ter máis de 65 anos e estar empadroado en Vigo. Todas as actividades son gratuítas e o prazo de inscrición, que anunciará, comezará nos próximos días.

Educación básica para persoas adultas

O goberno local tamén aprobou a prórroga do contrato do programa municipal de Educación Básica para Persoas Adultas. Trátase dunha iniciativa “importatísima” no que participan un grupo de entre 80 o 90 mulleres de máis de 75 anos que non puideron estudar cando eran novas.

 

Descargar todas as imaxes