Vigo pechará o Nadal o 15 de xaneiro cun acto na Porta do Sol
Abel Caballero mantivo unha xuntanza co sector hostaleiro, hoteleiro e comercial da cidade na que lle solicitaron a prórroga do alumeado de Nadal unha semana máis ante as altas expectativas de retorno económico.
O alcalde mantivo unha xuntanza co sector da hostalería, comercio e hoteleiro da cidade logo de recibir a petición para que as luces de Nadal estiveran unha semana máis en funcionamento, é dicir, ata o 15 de xaneiro. Algo ao que Abel Caballero respondeu afirmativamente. Vigo pechará o Nadal o domingo 15 de xaneiro cun acto ás 20 horas na Porta do Sol.
“En termos de emprego, o sector representa a 30.000 traballadoras e traballadores directos, máis os indirectos e as familias, estamos a falar de 1/3 da cidade, polo que hai que ser sensible a súa proposta”, explicou Abel Caballero en rolda de prensa.
O alcalde explicou que o impacto económico é “indescritible”, cunha ocupación hoteleira prevista para a próxima semana do 85%: “Iso significa que van a fluír a Vigo ducias e ducias de miles de persoas e iso son compras en comercios e economía”.
O goberno local aprobará yun crédito extraordinario de un millón de euros para o cambio de 2.000 luminarias na cidade, sumadas ás 3.000 xa orzamentadas: “isto si que é un xesto co aforro enerxético”, concluíu o rexedor.