Vigo terá 6 horas de cabalgata de Reis
A cabalgata estática na avenida Castelao comezará a recibir aos nenos e nenas a partir das 11 da mañá. A móbil comezará o seu percorrido a partir das 17:30 con saída desde praza América.
A cidade está preparada para recibir aos Reis Magos. O Concello ten organizada para a mañá do 5 de xaneiro a cabalgata estática na avenida de Castelao entre as 11:00 e as 14:30 horas da tarde. Pola tarde, a Cabalgata dinámica comezará a partir das 17:30 horas, tal e como apuntou o alcalde na rolda de prensa.
O percorrido comezará na praza América pasando por López Mora, Pi i Margall, Paseo de Alfonso, onde os Reis Magos baixarán das carrozas para desprazarse camiñando ata a Porta do Sol. Alí o alcalde entregaralles as chaves da cidade.
O 5 de xaneiro desfilarán polas rúas da cidade 11 carrozas que teñen como tema central os filmes infantís.
Máis actividades
Co motivo do nadal o Concello ten preparadas distintas actuacións ao redor da cidade. Hoxe mesmo pódese desfrutar da Banda de Gaitas Charamusca de Bembrive, que vai desde Ronda de Don Bosco ata Porta do Sol, e ás 20 horas a actuación de Martina López, finalista de Got Talent, en Porta do Sol.
Ademais están no calendario as seguintes actuacións:
Viernes 6:
- 11:45 – Os Ventos de Matamá (Igrexa de Coruxo)
Sábado 7:
- 12:30 – Banda de Música de Candeán (Porta do Sol)
- 11:00 – Actuación de una banda de música y talleres infantiles (Plaza de Independencia)
- 17:30 – Roscón Guinness (Plaza de Independencia)
- 19:00 – Actuación de corales (Porta do Sol)
Domingo 8:
- 18:00 – Xarabal (Porta do Sol)