Escoitar

Continúa activo o dispositivo de tráfico para hoxe e mañá co motivo da gran afluencia ao Nadal de Vigo

O Concello puxo en marcha este luns o plan de tráfico “que funcionou francamente ben cunha afluencia de vehículos récord”, explicou o alcalde en rolda de prensa.

martes, 3 xan 2023

O Concello puxo en marcha este luns o plan de tráfico “que funcionou francamente ben cunha afluencia de vehículos récord”, explicou o alcalde en rolda de prensa. Á cidade entraron na xornada de onte 57.674 vehículos, 750 máis que na xornada do 27 de decembro.

O dispositivo adiantouse ás 17 horas e desde ás 14 horas xa eran visibles os anuncios nas principais estradas de acceso á cidade con desvíos pola VG-20 e Arquitecto Palacios para chegar e aparcar na zona de Samil. Abel Caballero explicou que o momento más denso de tráfico no centro foi entre ás 17 y as 19 horas, “pero non máis denso que en calquera cidade nesta época do ano”. Por isto, o dispositivo actuou e ampliouse ata a zona de Vialia e Gran Vía cando houbo algo máis de tráfico lento co obxectivo de deixar fluír con máis facilidade aos vehículos.

Descargar todas as imaxes