Escoitar

O 14 de xaneiro terá lugar a sexta edición do “Vigo entre Letras”

Terá lugar o 14 de xaneiro dende as 9:00 ata as 21:00h no Teatro Salesianos. Abel Caballero sinalou que “a literatura paréceme unha parte central na vida, constituíndo un núcleo vertebrador dunha forma de entender a cultura”.

martes, 3 xan 2023

 

O alcalde presentou esta mañá en rolda de prensa, xunto as organizadoras, o sexto encontro literario de Vigo, denominado “Vigo entre Letras”, que este ano prevé superar os 80 participantes. Este encontro é proxecto cultural co que promover a literatura e expandir a lectura.

O evento ten como obxectivo fomentar a literatura en todas as súas vertentes e que aquelas persoas que poidan ter interese, logren relaciónense entre si. Tanto escritores noveis como os máis experimentados dispoñerán dun espazo para debater, contar anécdotas da súa carreira literaria ou falar dos seus últimos libros.

 

Descargar todas as imaxes