O Concello licita a humanización da rúa Pablo Iglesias por un importe de 1,3 millóns
A Xunta de Goberno dará luz verde mañá a licitación da humanización da rúa Pablo Iglesias, cun orzamento de case 1,3 millóns. O proxecto prevé unha remodelación integral da zona, mantendo gran parte do aparcamento existente.
Abel Caballero avanzou que a aprobación da licitación da humanización da rúa Pablo Iglesias, na marxe dereita da rúa (a parte habitada), desde o seu inicio ata o número 24. O proxecto prevé un custo de case 1.289.000 euros e un prazo de execución de catro meses. A actuación prevé a mellora integral da rúa, con ampliación de beirarrúas e conservando a maior parte das prazas de aparcamento existentes. Renovaranse as redes de saneamento, abastecemento e drenaxes así como a iluminación pública. O proxecto tamén contempla xardineiras lineais, rede de rego, novo mobiliario e sinalización.
A Xunta de Goberno de mañá tamén aprobará a licitación da pavimentación da rúa Zamora, que xa foi humanizada. Cun importe de 345.000 euros e un prazo de actuación de dous meses, vaise repoñer o firme da calzada así como a sinalización horizontal.
O rexedor anunciou, así mesmo, a contratación das obras de mellora e reforzo do firme no Camiño Valada (Valadares). Cun importe de case 95.000 euros, acometerase unha obra de conservación que consiste no reforzo do firme coa incorporación dunha nova capa de rodaxe adaptada ao tráfico que soporta. Haberá tamén melloras de drenaxe, seguridade viaria, reforzo das paredes, cunetas a nova sinalización.