O goberno local amplía a toda a cidade o servizo dos Coidadores de barrio
O alcalde avanzou esta mañá a ampliación a toda a cidade do servizo do programa dos Coidadores de barrio. Este “valorada” iniciativa, en verbas de Caballero, suporá un desembolso municipal de 1,8 millóns ata 2023.
O goberno local aprobará mañá a licitación do programa de Coidadores de barrio para os próximos tres anos. Cun importe de 1,8 millóns (620 euros anuais) está concibido para prestar un servizo aos colectivos máis vulnerables e á toda a cidadanía en xeral. Outra das novidades deste ano é ampliación deste servizo a todo o territorio municipal, tal e como indicou o rexedor.
A Xunta de Goberno local tamén aprobará as bases e a convocatoria do Programa de axudas económicas directas para mulleres vítimas de violencia de xénero. Dotado con 20.000 euros, o obxectivo é dotar ás mulleres dunha axuda temporal que lles permita facer fronte aos gastos máis urxentes.