A Xunta de Goberno aprobará a adxudicación da cubrición do patio do Vila Laura
O importe é de 385.000 euros e estará a previsión das obras é que estea rematada no mes de marzo.
Abel Caballero adiantou que a Xunta de Goberno aprobará este venres a adxudicación das obras da cubrición do patio do Vila Laura. O importe da obra é de 385.000 euros e ten un prazo de execución de catro meses. O alcalde explicou que haberá coordinación coa actividade escolar para levar a cabo esta nova infraestrutura, que está previsto que poda ser utilizada a partir do mes de marzo.
Caballero lembrou que o Concello tamén empezará proximamente a cubrición do Frián-Teis, cun importe de 350.000 euros, e do Javier Sensat por 366.000 euros. “Queremos que os nenos e nenas teñan unhas mellores instalacións e poidan utilizar as pistas deportiva tamén nos días de choiva”, concluíu.