O alcalde saúda aos primeiros participantes do programa “Visita o teu Concello”
Decenas de nenos e nenas de Educación Primaria do CEIP Eduardo Pondal achegáronse á Casa Consistorial para coñecer as súas instalacións e o funcionamento da administración local.
Abel Caballero deu a benvida a decenas de rapazas e rapaces que visitar hoxe o Concello con motivo do inicio do programa municipal “Visita o teu Concello” que ten como obxectivo achegar aos máis novos e novas o funcionamento da administración local e as súas instalacións.
Os alumnos de 5º e 6º de Primaria coñeceron de primeira man os Salón de Plenos, a Sala de Prensa, a Sala de Xuntas e máis zonas de traballo do Consistorio. A iniciativa pretende achegar a administración a 3.000 escolares de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria. Deste xeito, coñecerán a estrutura, funcións e competencias do Concello, ademais de reflexionar sobre o papel dos gobernos locais.
O Concello pon a dispor dos estudantes transporte gratuíto e monitores e monitoras de balde.