Isabel Pardo de Vera recollerá este venres a Medalla da Cidade
Mañá estará en Vigo a secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para dar conta da actuación do Goberno de España en materia de infraestruturas coa cidade, concretamente as orzamentadas para 2023: a autovía Vigo-O Porriño, a saída sur ferroviaria e a liña de alta velocidade Vigo-Ourense por Cerdedo. O alcalde fará entrega da Medalla da Cidade outorgada no mes de marzo, que non puido recoller no acto de Vigueses Distinguidos 2022 por motivos persoais.
![Arquivo: o alcalde xunto a Isabel Pardo de Vera nunha xuntanza en Madrid](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/9YQlEUS96rIK8kFFrVpHnpKEsRIY3i95ANyktu1p.jpeg)