Escoitar

Caballero esixe á Xunta que contribúa con 27 céntimos por billete para rebaixar autobús urbano

Abel Caballero solicitou por carta ao presidente da Xunta que achegue fondos para rebaixar aínda máis o prezo do transporte urbano. En concreto, esíxelle unha achega de 27 céntimos de euro por billete, a mesma cantidade que aporta o Goberno Central.

mércores, 14 set 2022

O alcalde de Vigo enviou esta mañá unha carta a Alfonso Rueda solicitando que pague unha parte do transporte público de Vigo, tal e como xa está a facer o Goberno de España. Concretamente, reclama a achega de 27 céntimos de euro por billete, a mesma contía que fixo efectiva o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. En rolda de prensa, Caballero lembrou que nestes momentos, o prezo dun billete con Pass Vigo supón 0,62 céntimos aos usuarios, dado que o Concello financia 0,51 céntimos (a totalidade do billete de pensionistas I e II) e o Goberno de España achega 27 céntimos, sen ter competencia algunha na materia. Neste punto, o alcalde instou á Xunta a contribuír para seguir a rebaixar o custo do transporte público na primeira cidade de Galicia.

 

 

Descargar todas as imaxes