O Concello de Vigo enviará a Inglaterra a 757 alumnos becados durante o mes de setembro
Esta mañá o rexedor sinalou que entre o 14 e o 19 de setembro realizaranse 9 voos . Estes rapaces e rapazas terán 35 destinos de Irlanda e o Reino Unido.

Dende mañá iniciase a segunda quenda de becas de “Vigo en inglés” que realiza o Concello, e que desta vez levará as illas británicas a 757 alumnos, que como destacou Abel Caballero, aproveitarán para ter “unha experiencia de aprendizaxe do inglés excepcional”.
Dende Vigo sairán, acompañados por 70 monitores, con destino a 35 cidades de Irlanda e o Reino Unido, como Londres; Liverpool e Dublín, entre outras. O alcalde destacou que “este ano estamos enviando a máis de 2.500 rapaces e rapazas becados a estudar inglés en Inglaterra”.