O aeroporto de Vigo crece un 20% respecto ao mes de agosto de 2019
O alcalde reseñou esta mañá que Peinador alcanzou en agosto os 114.227 pasaxeiros, “18.777 máis sobre o mesmo mes do 2019, converténdose no terceiro mellor dato da historia”. A ocupación hoteleira da cidade alcanzou o 79% no primeiro fin de semana de setembro.
Os datos de Peinador neste mes de agosto foron “excepcionais”, como sinalou Abel Caballero, enfeitizando que “Vigo sube mentres a media dos aeroportos de AENA en España redúcense máis dun 7%”.
Realizando unha comparación co ano 2019, o aeroporto de Vigo incrementou en case un 20% o número de viaxeiros, alcanzando os 114.227, a terceira mellor cifra de agosto tras 2007 (126.646) e 2018 (121.939). Desta forma, Peinador superou en 19.000 pasaxeiros o aeroporto de Alvedro.
Ocupación hoteleira
O rexedor tamén revelou os datos de ocupación que tiveron os hoteis da cidade no primeiro fin de semana de setembro, que se situou no 79%, unha cifra que cualificou de “extraordinario, xa que é un rexistro elevadísimo”.