O alcalde traslada as condolencias da cidade pola morte da raíña Isabel II
Ante o pasamento da soberana británica, a máis lonxeva da historia logo de 70 anos no trono, Abel Caballero destacou que “marcou unha época no mundo”.
“Como alcalde da cidade quero enviar as nosas condolencias ao pobo británico e á familia real polo falecemento da raíña Isabel II, quen marcou unha época no mundo”, cun reinado que abrangue desde o primeiro ministro Winston Churchill ata a última presidenta nomeada pola Raíña esta mesma semana, Liz Truss.
Para Caballero Isabel II fixo historia no “desenvolvemento dunha monarquía democrática no contexto da admiración do seu pobo, do Reino Unido”. E citou a súa experiencia persoal en Inglaterra, onde “pasei moitos anos nas universidades de Essex e de Cambrigde onde fun testemuña do aprecio do pobo á súa raíña”.