O Concello pon en marcha o renovado campo de fútbol de Santa Mariña de Cabral
Abel Caballero asistiu este xoves á inauguración do remodelado terreo de xogo no que se investiron case 500.000 euros.
Desde hoxe, o campo de fútbol de Santa Mariña conta cun novo céspede artificial, novo colector para os servizos soterrados, nova iluminación e caldeira de biomasa, o que supón “unha mellora moi importante”, en palabras o alcalde que participou na posta en marcha do novo terreo de xogo.
O Concello dedicou 489.000 euros ás obras de renovación deste campo e ademais ten actuado xa en 43 terreos de xogo: 24 campos fútbol municipais e 19 campos de fútbol titularidade privada nos que se renovou o céspede e se mellorou o campo. Segundo sinalou Caballero, o investimento total acada os 7 millóns de euros e “seguiremos niso porque agora estamos coa mellora dos vestiarios para poñer os campos de fútbol de Vigo no estado que demanda a dignidade das nenas e nenos que practican este deporte”.