O alcalde felicita ao basket feminino vigués
Abel Caballero recibiu na Alcaldía ás medallistas Cristina Cantero e Elba Garfella, prata coa Selección Española Sub17 e ouro no Campionato Europeo Sub20, e a Mario Muñoz, adestrador físico do Celta Zorka e que tamén estivo coa Selección Española Sub20 que conseguiu o máximo recoñecemento. Todos eles agradeceron ao alcalde o recoñecemento, que manifestou o seu orgullo polo conseguido polos galardoados.
