Vigo renova o seu compromiso coa UNED
Esta mañá o alcalde, Abel Caballero; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o director do Campus Noroeste da UNED, Víctor Manuel González Sánchez, asinaron un novo convenio de colaboración.
Con este novo convenio a aula UNED de Vigo continuará financiada polo Concello, xa que esta aula contribúe a satisfacer as necesidades académicas de moitos vigueses. O ente local continúa, desta forma, cedendo de forma gratuíta o espazo do que goza a UNED no Auditorio Mar de Vigo, facéndonos cargo dos gastos do seu uso.
Xunto a esta cesión, valorada en 600.000€ anuais, o Concello achega 225.000€ para que a UNED faga fronte os gastos de profesorado, co cal, como sinala o rexedor “costeamos a UNED en Vigo na súa totalidade, cun valor de 885.000€”
Caballero recordou que a “UNED abriu as súas portas en Vigo en 2013, sendo eu alcalde” e engadiu que se encontra “encantado, xa que están ofertando actualmente 13 titulacións”, superando no último curso os 1.140 alumnos. Entre a oferta académica atópanse os graos de: Turismo; psicoloxía, pedagoxía, enxeñería informática, enxeñería en tecnoloxías da información; historia do arte; xeografía e historia; estudos ingleses; educación social; dereito, ciencias ambientais, ciencia política e da administración e ADE.