O Concello custodia o Romancero Gitano cunha dedicatoria de García Lorca ao IES de Vigo
O exemplar foi atopado por Iago Lago, bibliotecario do Centro Recreativo, Artístico e Cultural de Coruxo, e entregouno persoalmente ao alcalde. “Familiares sinalan que non teñen dúbidas de que trátase da letra de Federico García Lorca”, dixo Abel Caballero.

O depósito do Concello garda unha nova “una xoia bibliográfica”, en verbas do alcalde. O consistorio recibiu un exemplar do Romancero Gitano de Federico García Lorca asinado polo autor y unha dedicatoria aos alumnos de literatura do instituto de Vigo.
Iago Lago, bibliotecario do Centro Recreativo, Artístico e Cultural de Coruxo, e estudante na Universidade de Salamanca, atopouno entre outros varios documentos mentres facía unhas prácticas no CRAC.
O libro atópase en bo estado. Trátase da segunda edición publicada no ano 1929. O alcalde trasladou aos medios de comunicación que “a todas luces é a sinatura de Lorca”: “Enviouse á familia e non teñen dúbidas. Expertos acreditan que é unha dedicatoria de Lorca. El autor estivo en Vigo no ano 33 e é probable que fixera a dedicatoria ao instituto de Vigo”, explicou Caballero.
O alcalde comprometeuse a gardalo como una “xoia bibliográfica, que é o que é” e afirmou que “estará conservado no Concello do xeito máis adecuado para que perdure”.

