Escoitar

Abel Caballero: “Vigo terá un orzamento de 297 millóns de euros”

Na rolda de prensa matinal, o rexedor anunciou que firmou as liñas xerais que terán as contas municipais do próximo ano. Aproveitou para sinalar que “será o presuposto máis elevado da historia da cidade”.

venres, 9 set 2022

O goberno municipal de Vigo comezou a dar os primeiros pasos no proceso de elaboración do presuposto para o curso 2023. Sobre a proxección destas contas Abel Caballero quixo recalcar as súas “características máis importantes”, como a conxelación de impostos, continuando a medida que no Concello de Vigo xa se tomou nos anos 2020; 2021 e 2022, “porque son tempos difíciles”.

O alcalde tamén quixo recalcar o apoio do Goberno de España, “que nos incrementa a financiamento de Vigo en 10 millóns de euros e nos permite continuar coa política de apoio os cidadáns”.

Durante a súa intervención Caballero tamén enfeitizou o papel inversor do presuposto, que para o ano que ven “alcanza os 28 millóns de euros, que se unen os 100 millóns que xa temos en marcha” e os que a maiores sumaráselle “un crédito extraordinario de 25 millóns”. Estas cifras elevan a “aproximadamente 160 millóns a inversión na cidade”, recalcando o seu papel na xeración de emprego.

Finalmente o rexedor vigués mostrouse moi orgulloso polos que serán os “décimo sexto presuposto consecutivo que se aproba na cidade en tempo e forma” o que supón “estabilidade política e financeira”.

 

 

Descargar todas as imaxes