Escoitar

O alcalde felicitou a Armon pola construción do buque oceanográfico para o CSIC

O Goberno de España mantén a Vigo como referencia da industria naval e da investigación mariña, tal e como quedou de manifesto na visita que esta mañá se realizou ao estaleiro Armón no que se está a construír o buque oceanográfico Odón de Bo. Este gran proxecto é unha mostra máis do compromiso do Executivo Central coa cidade, explicou Caballero durante a visita ás instalacións.

martes, 13 set 2022

O alcalde coñeceu hoxe de cerca os avances do buque oceanográfico Odón de Bo que se está construíndo no estaleiro Armón por encargo do Ministerio de Ciencia e Innovación. Este barco polivalente vaise converter no buque referencia da frota científica española e volve poñer de manifesto o compromiso “claro e meridiano” do Goberno de España con esta cidade. Amais, lembrou Caballero, a cidade acollerá unha reunión de ministros de pesca no segundo semestre de 2023, cando España ostente a presidencia europea. Caballero rematou a súa intervención felicitando a Armón, no seu nome e no da propia ministra de Ciencia, Diana Morant, xa que nestes momentos é o estaleiro privado máis importante de Europa.

Na visita ás instalacións do estaleiro, o alcalde estivo acompañado polo delegado do Goberno, José Miñones; a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba; a presidenta da Deputación, Carmela Silva; o delegado do CSIC en Galicia, Javier Rei e o director do Instituto Español de Oceanografía, Javier Ruiz. Alí puideron coñecer os avances na construción do barco da man do director do estaleiro, Santiago Martín.

 

 

Descargar todas as imaxes