Escoitar

O 9 de agosto comeza a construción do HALO

Abel Caballero anunciou que no mes de novembro estará operativo todo o nodo de comunicacións dos accesos a Vigo tras o remate do túnel de Lepanto.

xoves, 4 ago 2022

O martes 9 de agosto comeza a construción do HALO coa colocación da primeira pedra e ten un prazo de execución ata o 31 de decembro de 2023. Abel Caballero presentou o proxecto de construción en rolda de prensa e subliñou que a obra require “moita planificación e coordinación porque é moi complexa técnicamente”.

O alcalde anunciou que no mes de novembro estará operativo o nodo de comunicacións de entrada e saída de Vigo tras rematar as obras do túnel de Lepanto: “Están rematados os accesos á estación de autobuses, que xa podería estar en funcionamento se a Xunta tivera solicitado o traslado, pero queda por finalizar os traballos na saída de Lepanto á autopista e os accesos ao parking de Vialia”, explicou.

Caballero avanzou que a partir de xaneiro poderían comezar cortes provisionais de tráfico para a construción dos pilotes que levante a estrutura e subliñou que “a estación de autobuses non terá nin un so corte total”.

O HALO ten un orzamento de cerca de 13 millóns de euros, dos cales 6 son fondos europeos Next Generation EU do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia do Goberno de España. O ascensor, xa referente como obra arquitectónica, terá 50 metros de alto e un diámetro de 90: “O Halo é unha das grandes obras da historia da cidade de Vigo. Vai ser un fito, unha forma de entender a mobilidade, a mobilidade e esta cidade”, explicou Caballero.

Descargar todas as imaxes