Escoitar

O goberno local solicita fondos europeos para a rampla mecánica en Escultor Gregorio Fernández

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o proxecto de musealización das galerías e a posta en valor da fortaleza de O Castro.

xoves, 4 ago 2022

Abel Caballero deu conta dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno entre os que destacou a participación do Concello na convocatoria do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España para a solicitude de fondos para a rampla mecánica na rúa Escultor Gregorio Fernández.

O orzamento para a mecanización da rúa é de 2.443.924,27 euros, dos que solicítanse 1.955.139,42 na convocatoria de axudas para o fortalecemento da actividade comercial en zonas turísticas e que o Concello presentou o proxecto para a zona que vai de Vialia á Cidade da Xustiza.

Tal e como informou o rexedor, no proxecto figuran 5 ramplas: “Supón rematar un correo mecánico que vai desde o mar hasta a zona de San Roque. Coa rampla de Serafín Avendaño, o HALO, a actuación en Gregorio Fernández e San Salvador estamos a salvar case 90 metros de altura”.

Musealización de O Castro

A Xunta de Goberno tamén deu luz verde ao proxecto de musealización das galerías e posta en valor da fortaleza de Vigo. O proxecto conta cun orzamento de 1.119.745,11 euros, integramente financiado polo Goberno de España, tal e como subliñou Abel Caballero.

Cristo da Victoria

O goberno local aprobou unha subvención á Diocese de Tui-Vigo cun importe de 51.342,38 euros para a celebración da festividade do Cristo da Victoria.

Descargar todas as imaxes