O Concello firma un convenio coa asociación “La sal de la tierra”
O alcalde sinalou que con este convenio se realizarán tarefas de mantemento do comedor e reparto de alimentos. Tamén se aprobou a prórroga do contrato de servizos de CEDRO.
O Concello de Vigo aprobou na Xunta de Goberno do 22 de xullo a achega 40.000 euros a asociación “La sal de la tierra”, que realiza un servizo diario de comidas a 80 persoas.
Este convenio corresponde os anos 2022; 2023; 2024 e 2025, a razón de 10.000€ por ano. Como indicou Abel Caballero “o Concello de Vigo financia os comedores sociais da cidade”, aportando anualmente 55.000€ para o comedor de La Esperanza; 45.000€ a Vida Digna; as Misioneras del Silencio 26.000€; para Afán 60.00€; a Fundación Santa Cruz preto de 57.100€ e para o Banco de Alimentos a achega é de 83.000€.
Prórroga do contrato de CEDRO
Na mesma Xunta de Goberno, aprobouse a prórroga do contrato de servizos de apoio o Centro de Atención para Drogodependencias (CEDRO) do Concello de Vigo. Esta prórroga inclúe a Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) e a Unidade de Día (UD).
O valor económico da prórroga elevase os 790.000€, cubrindo dende decembro de 2022 ata novembro de 2023. O alcalde expresou que “a Xunta de Galicia non quere facerse cargo de CEDRO e é o Concello de Vigo quen o paga”.