O alcalde visitou os xardíns do pazo-museo Quiñones de León
O alcalde, Ventura Pérez Mariño, e o concelleiro de Patrimonio histórico, Xosé Carlos Arias, percorreron os xardíns históricos de Castrelos para identificar os problemas de mantemento existentes.
Os técnicos municipais do departamento de Patrimonio histórico explicáronlle ao alcalde as reformas realizadas nos últimos anos e a posibilidade de arranxar un muro deteriorado e de reformar o xardín inglés coa pretensión de convertelo nun green.
"Estas pequenas reformas necesarias teñen fácil solución mediante decisións de carácter administrativo, polo que agora hai que deseñar os mecanismos para afrontar os problemas exitentes", afirmou Arias.
O Concello de Vigo mercou en 1934 o pazo de Castrelos e o seu recinto a Mariana de White, viúva do Marqués de Valladares. En 1955 o pazo e o xardín pasaron a estar baixo a tutela do estado, ao amparo da Lei do Tesouro Artístico.
En 1985 todo o recinto declárase Ben de Interese Cultural, decisión que é ratificada pola Xunta de Galicia mediante a Lei 8/95 do Patrimonio Cultural de Galicia.