Escoitar

O alcalde avanza que as obras de Barrio do Cura comezarán antes de que remate o ano

O goberno local validará a semana que vén o proxecto de urbanización do Barrio do Cura o que permitirá avanzar na tramitación urbanística “dunha das grandes melloras históricas da cidade”. Tal e como anunciou o rexedor, a previsión é que as obras comecen antes de que remate este 2022.

venres, 22 abr 2022
Imaxe de arquivo
Imaxe de arquivo

A próxima semana o Consello da Xerencia dará luz verde ao proxecto de urbanización de Barrio do Cura, que se corresponde co ámbito de solo urbano non consolidado. Adicionalmente, a promotor xa presentou ao Concello os compromisos establecidos para mellorar a urbanización do resto do ámbito, é dicir, a nova urbanización das rúas Llorente e Santa Marta.

Tal e como detallou o rexedor, unha vez que o proxecto se aprobe definitivamente na Xerencia e na Xunta de Goberno, someterase a información pública durante un mes e solicitaranse os informes sectoriais preceptivos. Unha vez analizadas as posibles alegacións e incorporadas as eventuais suxestións dos informes, procederase á aprobación definitiva que, confiou, se producirá antes de que remate este semestre polo que as obras comezarán este mesmo ano.

Segundo o proxecto, dos 12.000m2 de solo urbano non consolidado, o Concello vai dispoñer de 7.000 m² aproximadamente. Tamén se establecen as ampliacións do viario dentro do ámbito, en particular, a aprobación da prolongación da rúa Torrecedeira. Establecerase a comunicación vertical entre a Praza do Berbés e o ámbito do Barrio do Cura con dous ascensores. Haberá unha nova escola infantil en substitución da existente cunha superficie de 1.015 m².

A urbanización do Barrio do Cura prevé, así mesmo, a rehabilitación das casas que lle deron nome e a xeración de 300 novas prazas de aparcamento públicas. Crearanse espazos e zonas verdes por 3.341 m² e a cesión de superficie para uso público é de 4.242 m².

Descargar todas as imaxes