Escoitar

Love of Lesbian sobe ó escenario de Castrelos o 29 de xullo

A banda barcelonesa súmase ao cartel dos “grandes concertos” das festas de verán da cidade, na que recalan dentro da xira que están realizando por escenarios de España, Europa e Latinoamérica.

venres, 22 abr 2022
Cartel promocional do concerto de Love of Lesbian
Cartel promocional do concerto de Love of Lesbian

O alcalde deu a coñecer este venres a oitava cita do cartel de concertos programado no Auditorio municipal de Castrelos dentro das festas de verán da cidade. O venres 29 de xullo, Love of Lesbian sobe ó escenario para ofrecer un “grande concerto na cidade”, avanzou.

Love of Lesbian é unha banda de indie-pop-rock, que suma máis de 20 anos de andaina musical con éxito de crítica, público e tendo recibido premios como o Grammy Latino en 2017 e outros recoñecementos destacados.

Tal e como expuxo o rexedor, a banda está realizando a xira de presentación do seu último disco “V.E.H.N” (Viaxe épica cara á nada) que inclúe as principais cidades e festivais españois, capitais europeas como Londres, París, Berlín, Bruxelas ou Xenebra; países de Latinoamérica (México, Chile, Perú, Colombia e Arxentina) e cidades de Estados Unidos (San Francisco, Los Ángeles...).

Abel Caballero lembrou os oito grandes concertos de Castrelos nas festas do verán: Sebastián Yatra (o 13 de xullo), Love of Lesbian (29 de xullo), Tanxugueiras (o 30 de xullo), Leiva (o 4 de agosto), Sting (o 6 de agosto), Lola Índigo (o 8 de agosto), Hombres G (o 14 de agosto) e Raphael (o 16 de agosto).

 

Descargar todas as imaxes