O alcalde anima á mocidade á mellora continua do seu coñecemento
Abel Caballero asistiu este xoves á clausura do Foro Fundamental de talento e emprego que, organizado pola Fundación Mentor coa colaboración do Concello entre outras entidades, celebrou tres xornadas de mesas redondas, entrevistas e obradoiros no Auditorio Mar de Vigo. O encontro busca implantar o talento das novas xeracións, desde o estudantado universitario, ata o de FP e dos oficios e o rexedor animou á mocidade participante a aprender dos seus erros e mellorar de forma continuada os seus coñecementos.



