Escoitar

O alcalde felicita á organización do Salón do automóbil no seu 30 aniversario

A maior exposición de motor de Galicia volve ao Ifevi entre o 27 de abril e o 1 de maio, coincidindo co 30 aniversario, e con máis de 30 marcas de vehículos e 24 de motos. Na presentación oficial, Caballero felicitou aos promotores do que xa é o segundo certame máis antigo de España na súa categoría.

mércores, 20 abr 2022

O alcalde felicitou esta mañá con “entusiasmo” aos promotores do Salón do Automóbil que desde o 27 de abril ata o 1 de maio abrirá as súas portas no Ifevi. Coincidindo co 30 aniversario do evento, Caballero eloxiou o traballo de José Enrique Elvira, director xeral de Eventos Motor, e de José Manuel Fernández Alvariño, presidente do comité organizador, por ser quen de seguir organizando a maior mostra comercial de motor de Galicia e o segundo certame máis antigo de España na súa categoría.

Durante a súa intervención, Caballero comprometeu o apoio municipal a un evento vencellado a un sector industrial crucial na cidade. Neste punto, referiuse aos programas nacionais de fomento da venta como é o Plan Renove ou o Perte do automóbil, liderado pola cidade de Vigo.

O Salón do automóbil e a motocicleta reunirá este ano a máis de 30 marcas unhas 24 de motos, facendo desta cita un dos eventos fundamentais do sector da distribución de vehículos en Galicia. A exposición de 20 espectaculares Ferrari será o contido estrela do salón e, nesta ocasión, volve o pavillón dedicado ás motos, logo da súa ausencia en 2021 pola pandemia.

 

Descargar todas as imaxes