Escoitar

Caballero: “A miña oposición total a calquera redución dos salarios dos traballadores de Vitrasa”

O alcalde manifestou en rolda de prensa que “non hai ningunha circunstancia específica que xustifique o plan da empresa de reducir o salario aos traballadores e traballadoras”. Incidiu en que a concesionaria ten que seguir traballando de acordo ao contrato e coas retribucións establecidas no convenio.

mércores, 23 mar 2022

Abel Caballero avanzou esta mañá a súa “oposición total a calquera redución salarial de ningún tipo aos traballadores e traballadoras de Vitrasa”. Na súa opinión “están a facer un traballo excepcional e son grandes profesionais” e non hai ningunha circunstancia específica que xustifique en absoluto o prantexemento de reducir o salario dos traballadores. A empresa, engadiu, ten que seguir funcionando de acordo ao contrato e á concesión, cubrindo todas as zonas e coas retribucións estipuladas nos convenios. “Nin un só céntimo de redución de salarios”, concluíu.

Descargar todas as imaxes