Escoitar

O Concello intercepta dous xabaríns na zona urbana da cidade

A Policía Local actuou na madrugada do martes acurralando aos animais no parque canino de García Picher, á espera do veterinario municipal que inxectou un tranquilizante para facilitar o seu traslado ao monte da cidade.

martes, 15 mar 2022

Abel Caballero informou en rolda de prensa que os dous xabaríns interceptados pola Policía Local na zona urbana da cidade serán postos en liberdade nos montes de Vigo.

Os veciños alertaron da presenza de dos xabaríns que foron acurralados no parque canino de García Picher. “Tivemos que actuar sobre os dous que percorrían a cidade. Algúns veciños alertaron da súa presencia e mobilizamos a unha patrulla da Policía Local”, explicou o alcalde.

Os animais foron recollidos nun transporte especial logo de administrarlles o veterinario un tranquilizante. Ao longo do día serán devoltos ao monte da cidade.

Caballero dixo que a cuestión “é significativa polo que supón ter dous xabaríns salvaxes na área urbana” e lamentou “que a xunta non respondera ante unha competencia exclusiva súa, como é a dos animais salvaxes”.

Os dous xabaríns na madrugada do martes
O veterinario subministra o tranquilizante aos xabaríns salvaxes
Descargar todas as imaxes